Teatro Artesano

Teatro Artesán das Mariñas
Contacto para programadores
Juan de Mondego Tel.:637 465 445
Artesán Teatro presenta DON JUAN TENORIO de J. Zorrilla os días 12, 13 y 14 de febreiro ás 19:00 en SADA, Sala de Cultura e ó 21 de febreiro en Oleiros, Sala García Márquez. ás 19:00 h. A entrada é libre. A Compañía acepta donativos para financiar a producción de este espectáculo de dúas horas e cuarto de duración e con 30 actores en escea.
Sinopse
Drama romántico por excelencia, o DON JUAN TENORIO, de J. Zorrilla é un clásico do teatro universal. A compañía TEATRO ARTESÁN pon en escea unha versión
clásica, respetando todas as personaxes e co texto do autor íntegro. Aportamos unha posta en escea na nosa liña de mesturar elementos simbólicos con materiais
naturais de gran contundencia. A madeira, lume, auga, fume e ferro son reais.
Teatro de gran formato con 20 actores, músicas orixinais para esta ocasión. Deseño de vestiario propio e feito a mán por nos mesmos.
De dúas horas e cuarto de duración, aceptamos o desafío conscentes de que o gran espectáculo é posible.
Juan de Mondego
Teatro Artesán.
Pulse para ver o dossier completo da obra en formato pdf.
Pulse para ver o programa de mán da obra en formato pdf.
Artesán Teatro representou o luns día 7 de decembro ás 19:00 horas a comedia FARSA E XUSTIZA DO CORREXIDOR de Casona no Auditorium Pintor Llorens de Sada con música en directo de Álvaro Muras. (60 minutos)
Artesán Teatro representou Arsénico por compasión de Kesserling-Cappra o mércores día 28 de Outubro no Centro Cívico de Palavea.
Sinopse
Un famoso crítico teatral, Mortimer Brewster, solterón empedernido, casouse por fin coa súa veciña Elaine Harper o día de Nadal. Os dous acoden antes de saír de viaxe de noivos ás cataratas do Niágara,
a visitar ás irmás de Mortimer, Abby e Martha, dúas amables anciáns, caritativas e compasivas, empeñadas en axudar aos anciáns solitarios . Na casa, ademais, está acollido o seu irmán Teddy que sofre
un trastorno de personalidade e que cre ser Theodore Rooselvelt e, aínda por riba, esa mesma noite regresa Jonathan, o outro irmán, perigoso asasino....
Pulse para ver o dossier da obra en formato pdf.
Artesán Teatro. É unha empresa adicada a producción e distribución de espectáculos teatrais.
Está a traballar en tres liñas ou áreas que abranguen os seguintes campos:
a) Promoción, divulgación da cultura galega tradicional e actual, con especial atención os eventos culturais periódicos (día das letras galegas, día da patria galega, recreacións históricas, romerías, etc..) e puntuais (cabodano dalgún persoeiro , homaxes e lembranzas, etc..), destinada a todo tipo de público. Neste apartado encaixan moitas das representacións que Teatro Artesán levou a cabo en diferentes centros de ensino de Ensinanza Media, tanto públicos como privados.
b) Espacio para pequeno formato ou “sketchs” de actualidade sobre temas monográficos de sensibilización social especialmente os relacionados coa temática do medioambiente, exclusión social, violencia, educación viaria, etc..
c) Traballos de teatro de gran formato, tanto de obras galegas como españolas ou estranxeiras, mesmo con creacións propias e guións orixinais.
OBRA EN CARTEL:

PRÓXIMA ESTREA:

Arsénico por compasión:
espectáculo con premio
Consulte as noticias